Premios TFM del CPEIG 2026

Artículos

Parabéns aos tres estudantes do Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) da Universidade da Coruña que acadaron os tres primeiros premios da XV edición do Premio ao Traballo Fin de Máster do CPEIG!

David Zambrana Seoane conseguiu o primeiro premio polo traballo «#ShoppyEye. Desenvolvemento dun stack de observabilidade para plataformas de e-commerce».

Alejandro Esteban Martínez acadou o segundo posto co proxecto «Aprendizaxe federado para a detección de intrusos en redes informáticas».

Adrián López Gude recibiu o terceiro premio polo desenvolvemento dun «Sistema de apoio á selección de participantes en ensaios clínicos nun contexto sociolingüístico bilingüe».

Un orgullo para o MUEI e para a Universidade da Coruña, que continúa formando profesionais e investigadores de primeiro nivel.

Parabéns aos tres por este merecido recoñecemento!

#CPEIG #Anoite2026 #MUEI #UDC #EnxeñaríaInformática #PremioTFM

-1
Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.