O teu futuro, a túa inversión: Matrícula e Costes do Máster de Informática.
A Comisión Académica do Máster, en función das solicitudes e das prazas vacantes, efectuará unha proposta de admisión. Tras dita proposta, os estudantes poderán finalizar o proceso de matriculación na mesma plataforma, que só será efectiva se hai prazas vacantes e se cumpren as condicións de admisión. Teña en conta que o número de prazas é limitado e que poderían cubrirse en calquera prazo (agás no prazo extraordinario para estudantes de sistemas universitarios alleos ao EEES, onde só se poden cubrir, como máximo, o 30% das prazas), polo que lle interesa preinscribirse e matricularse canto antes.
O custo da matrícula vén determinado polo número de créditos. O primeiro curso do MUEI son 60 créditos e o segundo curso 30 créditos.
O prezo por crédito para o curso 2025/2026 aínda non se publicou. Pero a continuación, indícase o prezo por crédito do curso 2024/2025, como referencia orientativa:
Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.