Feria de Práctica e Emprego

Artículos

A Facultade de Informática da Coruña (FIC) organiza a V Feira de Prácticas e Emprego (FePEFIC) os días 23, 24 e 25 de abril de 2025. Este evento é unha oportunidade excepcional para conectar coas principais empresas do sector TIC e explorar oportunidades de prácticas e emprego.

Por que asistir?

  • Coñece ás empresas: Interactúa directamente con compañías líderes no sector.

  • Participa no foro: Comparte as túas expectativas e resolve dúbidas sobre o mundo laboral en sesións deseñadas para conectar estudantes e empresas.

  • Infórmate sobre prácticas: Obtén detalles sobre programas de prácticas externas que complementarán a túa formación académica e mellorarán a túa empregabilidade.

Programa destacado:

  • 23 de abril:

    • 09:30: Benvida no Salón de Actos.

    • 09:40 - 10:30: Sesión "Coñece á túa empresa" con ALTIA, AVANSIG, CINFO, DATASPARTAN e DENODO.

    • 10:45 - 14:00: Feira de prácticas e emprego.

  • 24 de abril:

    • 09:40 - 10:30: Sesión "Coñece á túa empresa" con ABANCA, BALIDEA, HPECDS, INDITEXTECH.

    • 10:45 - 14:00: Feira de prácticas e emprego.

  • 25 de abril:

    • 09:40 - 10:30: Sesión "Coñece á túa empresa" con ALDABA, ITG, MINSAIT, NTTDATA.

    • 10:45 - 14:00: Feira de prácticas e emprego.

    • 13:00 - 14:00: Entrega do Premio ao Mellor TFG Aplicado da FIC.

Vantaxes de realizar prácticas externas:

  • Aplicación práctica: Complementa os teus coñecementos teóricos con experiencia real no entorno laboral.

  • Desenvolvemento de competencias: Mellora habilidades profesionais e persoais esenciais para a túa carreira.

  • Prácticas en empresa: Busca onde realizalas ou incluso convalídaas por experiencia laboral.

  • Inserción laboral: Aumenta as túas oportunidades de emprego ao establecer contactos directos con potenciais empregadores.

Non perdas esta oportunidade. ¡Agardámoste na FePEFIC 2025!

Para máis información https://fepefic.fic.udc.es

Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.