Para a Facultade de Informática
o equipo do Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) sempre é unha honra acompañar quen percorren o camiño da aprendizaxe e posteriormente alcanzan recoñecemento profesional ou emprendedor. Nesta ocasión cheanos de orgullo celebrar o éxito de dous egresados do noso programa nos premios ao emprendemento da Universidade da Coruña no marco da feira IMPULSA‑T:
-
Santiago Fernández‑Noriega Balseiro, que obtivo dous accesits.
-
David Zambrana Seoane, que logrou un accesit.
Estes recoñecementos non só son un mérito individual, senón tamén unha mostra do bo facer, do compromiso e da calidade formativa do MUEI. Que os nosos egresados destaquen desta forma, nun escenario que conecta talento universitario, emprendemento e empregabilidade, é motivo de gran satisfacción.
Dende o Máster MUEI queremos trasladar as nosas máis sinceras felicitacións a Santiago e David: o seu éxito abre novas sendas, inspira a quen agora está a cursar e reforza a idea de que a excelencia e a dedicación si teñen a súa recompensa. Noraboa tamén ao seu titor Guillermo López Taboada por saber ver o valor destas propostas e axudar a pulilas.
Que este recoñecemento sexa, ademáis, un punto de partida cara novos fitos profesionais.
Noraboa unha vez máis e ¡adiante!