O MUEI renova a súa Mención de Excelencia da Xunta de Galicia

Artículos

É un pracer para o Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) compartir que a Xunta de Galicia vén de renovar a Mención de Máster Universitario Excelente ao noso título, segundo se publica hoxe, 27 de maio de 2025, no Diario Oficial de Galicia.

Esta distinción terá unha vixencia de cinco cursos académicos ata o 2029/30. Supón un recoñecemento institucional ao esforzo colectivo realizado polo centro, o profesorado (PDI), o persoal técnico e de xestión (PTXAS), os seu excelso estudantado e todos aqueles que contribuíron ao mantemento dos estándares de calidade e excelencia que definen o MUEI.

Dende a coordinación do título e o seu equipo de goberno, trasladamos o noso agradecemento e parabéns a todas as persoas implicadas nesta consecución.

Noraboa polo traballo e grazas pola vosa adicación.

Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.