Que non che queden dúbidas, se tes calquer inquietude solucinámoscha.

FAQS

Preguntas frecuentes

Os complementos formativos son materias que se consideran necesarias para cubrir o perfil que se require para acceder ao MUEI, no caso de que a titulación coa que se solicita o ingreso sexa diferente ás do nivel de prioridade 1.

Concretamente, os complementos formativos teñen como obxecto que o estudante que acceda ao MUEI teña as competencias do grao en Enxeñaría Informática segundo as Recomendacións da Resolución do 8 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades.

Consisten en 30 créditos ECTS de materias do grao en Enxeñaría Informática pola UDC, isto é, cinco materias de seis créditos cada unha.

As materias concretas dos complementos formativos dependen da titulación de procedencia - as obrigatorias - e do perfil que se queira seguir - as optativas.

No seguinte cadro pódense ver as convalidacións segundo as titulacións do nivel de prioridade 2.

Sí, sempre que o título poida ser recoñecido polas autoridades españolas como un dos indicados nesta sección.

Lamentablemente, se o teu título non é asimilable a un dos indicados no seguinte enlace, non poderás ser admitido ao tratarse dunha profesión regrada e ter que garantir a adquisición de todas as competencias ao finalizar os estudos.

Como se indica, os complementos formativos son 5 asignaturas para aqueles perfís que se preinscriben con titulacións do nivel de prioridade 2 ou asimilables a estas. É importante destacar que, se debes cursar os complementos formativos, é obrigatorio que te matricules deles no primeiro curso do MUEI.

Nin moitísmo menos, durante o primeiro curso matricularaste 60 créditos como o resto dos estudantes: 30 créditos dos complementos formativos e 30 créditos elixidos do plan formativo do máster. Durante o segundo curso, deberás completar os 30 créditos nos que non te matriculaches no primeiro curso e os restantes 30 créditos do segundo curso para así graduarte xunto cos teus compañeiros tras os dous cursos académicos.

A matrícula a tempo parcial é unha modalidade de dedicación ao estudo que permite cursar un menor número de créditos que a matrícula ordinaria a tempo completo, facilitando a conciliación dos estudos con circunstancias persoais, laborais, familiares ou doutra índole.

Na Universidade da Coruña, o estudantado con matrícula a tempo parcial debe matricularse de entre 24 e 48 créditos ECTS por curso académico. Se para finalizar os estudos lle restan menos de 24 créditos, deberá matricularse de todos eles e poderá solicitar igualmente esta modalidade. A matrícula a tempo parcial non se concede de forma automática, senón que debe ser solicitada pola persoa interesada e autorizada polo centro, sempre que concorra algunha das causas previstas na normativa.

Ademais, o recoñecemento desta modalidade implica determinados dereitos, como a preferencia na elección de grupo cando existan varios horarios, a adaptación das titorías, unha maior flexibilidade na avaliación continua e a posibilidade de solicitar unha dispensa académica de asistencia a determinadas actividades formativas síncronas.

Pode solicitar a matrícula a tempo parcial calquera estudante da UDC que, no momento de presentar a solicitude, se atope nalgunha das situacións previstas na normativa. Entre elas inclúense:

  • Desenvolver unha actividade laboral ou profesional.
  • Ter recoñecida unha discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
  • Padecer unha enfermidade ou seguir un tratamento médico que dificulte os estudos, ou atender un familiar nesta situación.
  • Atoparse de baixa médica ou gozar dun permiso por embarazo, nacemento, maternidade, paternidade, adopción ou acollemento.
  • Ter ao seu cargo fillos ou fillas menores de 12 anos ou ser a persoa coidadora principal dun familiar dependente.
  • Ser vítima de terrorismo ou de violencia de xénero, violencia sexual ou calquera outra situación recollida no protocolo da UDC.
  • Ser maior de 45 anos.
  • Exercer cargos de representación pública ou de representación estudantil.
  • Atoparse nunha situación económica que dificulte a continuidade dos estudos, incluído o desemprego.
  • Compatibilizar os estudos con outra titulación oficial cursada a tempo completo.
  • Ter a condición de deportista de alto nivel ou alto rendemento.
  • Participar en programas de cooperación ou voluntariado coa duración mínima establecida.
  • Estar incluído no ámbito de aplicación dun convenio de mobilidade universitaria que contemple esta situación.
  • Outras circunstancias excepcionais debidamente xustificadas e aceptadas polos órganos competentes.

A solicitude debe presentarse xunto coa documentación acreditativa correspondente e as circunstancias alegadas deben concorrer no momento de presentar a solicitude.

 
 
 

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.