Feira Virtual de Emprego pola comunidade AWS Educate

Artículos

O Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) da UDC informa ao seu alumnado da celebración da última Feira Virtual de Emprego deste curso, organizada pola comunidade AWS Educate.

Data: 16 de xuño de 2025
Horario: de 12:00 a 15:00
Acceso e rexistro: https://app.brazenconnect.com/a/aws-educate/e/YvLz6

Nesta feira participarán máis de 15 empresas que buscan novo talento para cubrir postos de prácticas ou para incorporar perfís júnior, especialmente no ámbito do Cloud Computing. Ademais da posibilidade de interactuar directamente coas entidades presentes, a feira contará con tres espazos temáticos liderados por empregadores, nos que se abordarán os seguintes aspectos:

  • Perfís profesionais máis demandados no ámbito Cloud, habilidades clave e intervalos salariais habituais.

  • Recomendacións para a elaboración dun currículo eficaz no sector TIC e consellos para afrontar procesos de selección.

  • Información sobre a Comunidade AWS e as vantaxes de formar parte dunha rede de profesionais do sector.

Recoméndase encarecidamente realizar o rexistro con antelación e subir o currículo á plataforma. Deste xeito, as empresas poderán consultar os perfís previamente e concertar entrevistas, facilitando un contacto máis áxil e directo.

Desde o MUEI animamos ao estudantado a aproveitar esta oportunidade para achegarse ao mercado laboral cunha visión clara das saídas profesionais que ofrece o sector.

Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.