Parabéns aos tres estudantes do Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) da UDC que acadaron os tres primeiros premios do XVI Premio ao Traballo Fin de Máster do CPEIG!
O primeiro premio foi para Santiago Fernández-Noriega Balseiro polo seu proxecto #TapIt, unha innovadora tarxeta de visita con tecnoloxía NFC para a nova era do networking profesional.
O segundo posto foi para David Esteban Martínez, cun traballo centrado na personalización, explicabilidade e sustentabilidade en sistemas de recomendación.
E o terceiro, para Ángel Paderne Cózar, que desenvolveu un sistema de alta seguridade para a xestión privada dos datos médicos dos pacientes.
Un orgullo para o MUEI e para a Universidade da Coruña, que segue formando talento de primeiro nivel.
#CPEIG #Anoite2025 #MUEI #UDC #EnxeñaríaInformática #PremioTFM