
Temos o pracer de convidarvos a unha charla moi especial con Cristina Gamallo Solórzano, cofundadora de Situm, unha empresa galega referente mundial en solucións de posicionamento en interiores.
Cristina compartirá connosco o camiño emprendedor que a levou, xunto co seu equipo, a transformar un proxecto de investigación en robótica autónoma nunha tecnoloxía punteira empregada en máis de 70 países. Situm ofrece solucións de guiado e monitorización para hospitais, aeroportos, centros comerciais e industrias, optimizando servizos e mellorando a experiencia dos usuarios.
Esta charla é unha oportunidade única para coñecer de primeira man como se constrúe unha startup tecnolóxica desde os seus alicerces, combinando innovación, visión empresarial e talento local con impacto global.