Iniciativas emprendedoras: Forensic & Security

Charlas

O vindeiro 4 de decembro de 2026, ás 17:00, recibiremos no Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) a Pilar Vila Avendaño, CEO e cofundadora de Forensic & Security, para unha charla sobre emprendemento no ámbito da ciberseguridade.

Enxeñeira informática, analista forense dixital e perita xudicial, Pilar combina a súa actividade empresarial coa formación especializada e a divulgación. É coordinadora do Centro de Ciberseguridade Industrial en Galicia e autora dun libro sobre análise forense informática dirixido a peritos xudiciais.

A súa traxectoria emprendedora foi recoñecida co premio UUPRIZE 2024 na categoría de Ciberseguridade & Blockchain, outorgado por W Startup Community.

Forensic & Security está especializada en ciberseguridade, resposta a incidentes e servizos xestionados de seguridade. A súa actividade conecta a investigación de evidencias dixitais coa protección das organizacións fronte ás ameazas informáticas.

So o título Iniciativas emprendedoras: Forensic & Security, a sesión achegará ao alumnado a experiencia de Pilar na creación e dirección dunha empresa especializada en ciberseguridade. Será unha oportunidade para reflexionar sobre como transformar o coñecemento técnico nun proxecto empresarial e coñecer os retos de emprender neste sector.

Perfil de Pilar en LinkedIn · Máis información sobre Forensic & Security

Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.