Iniciativas de emprendemento: Docuten

Charlas

Contaremos coa presenza de Brais Méndez Ferreiro, CEO de Docuten, quen compartirá con nós a súa traxectoria ao fronte dunha das startups galegas con máis proxección no ámbito da transformación dixital.

Na charla “Iniciativas de emprendemento: Docuten”, Brais explicará como xurdiu a idea, os retos aos que se enfrontaron no proceso de consolidación, e como conseguiron posicionarse como un referente na dixitalización de procesos administrativos para grandes empresas. Con presenza tanto nacional como internacional, Docuten traballa con clientes como Estrella Galicia, Desigual ou Abanca, apostando pola automatización mediante sinatura dixital, facturación electrónica e xestión de cobros.

Ademais do seu perfil como enxeñeiro e emprendedor, Brais achegará unha visión práctica e realista sobre como transformar unha idea nun proxecto empresarial viable no sector TIC.

Unha oportunidade única para coñecer en primeira persoa o camiño do emprendemento desde Galicia cara a Europa.

🔗 Perfil de LinkedIn de Brais Méndez

-1
Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.