Do onboarding ao despregue: unha ruta para futuros enxeñeiros cloud

Charlas

O próximo 17 de decembro de 2024, de 18:30 a 20:00, temos o pracer de recibir a Ignacio Molinelli Fernández, CEO de IGASOFT, para unha charla imprescindible titulada Do onboarding ao despregue: unha ruta para futuros enxeñeiros cloud.

Durante esta sesión, Ignacio compartirá a súa visión sobre os microservizos e como os enxeñeiros que están comezando a súa carreira poden abordar con éxito os retos deste campo. Con máis dunha década liderando equipos de desenvolvemento e fundando empresas como iAuditoria e Netubi Media, ademais de colaborar con organizacións como IQScouting e Texas Controls, a súa experiencia é garantía de inspiración e aprendizaxe.

A entrada é libre e aberta para todas as persoas interesadas. ¡Non perdas esta oportunidade única para aprender dun dos líderes máis destacados do sector!

Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.