Hoxe venres 22 de novembro de 2024, ven visitarnos Cristina Vázquez Muíño, Enxeñeira Informática pola Facultade de Informática da Coruña (FIC), premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia e CEO de TEIMAS. Conta cunha ampla experiencia en dixitalización e normativa de residuos. Explicaravos o seu percorrido ata o posto que ocupa agora e como é a xestión dunha empresa como TEIMAS.
Non vola perdades!