
Contaremos coa presenza de Juan Manuel Rey Escobar, enxeñeiro de software en Linknovate, empresa especializada en intelixencia tecnolóxica e vixilancia estratéxica. Durante a sesión, Juan Manuel explicará como empregan Scrapy para desenvolver procesos de web crawling en contornos reais, amosando un caso práctico vinculado ao seu traballo. A charla enmarcase dentro da materia Recuperación de Información e Web Semántica e impartese no horario de teoría desta.
Esta é unha oportunidade perfecta para coñecer a aplicación real de técnicas de Data Mining e Web Scraping, da man dun profesional galego en activo.