Charla có CTO de Innogando: Innovación rural con impacto global

Charlas

 

O vindeiro 7 de novembro ás 17:00, o Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) convídate a unha charla inspiradora con Daniel Pardo Rus, CTO e cofundador de Innogando, na aula 3.3 da Facultade de Informática.

Desde o rural lucense, Daniel liderou o desenvolvemento de RUMI, o “smartwatch para vacas” que monitoriza en tempo real a ubicación, saúde e reprodución do gando, mesmo en zonas sen cobertura móbil. Unha solución tecnolóxica punteira que posicionou a Innogando como referente mundial no sector agrotech.

Durante a sesión, compartirá como é posible crear hardware de alto nivel desde Galicia, fomentar o emprego tecnolóxico no rural e transformar dixitalmente sectores tradicionais con “sentidiño”. Ademais, abordará a súa experiencia emprendedora no marco da materia Emprendemento e Autoemprego.

🔗 Perfil de Daniel en LinkedIn
🌐 Máis sobre Innogando

-1
Compartir

Esta páxina web únicamente emprega cookies propias con finalidades técnicas. Non se levan a cabo recompilacións ou tratamentos de datos persoais mediante cookies que requiran o seu consentimento. Coñeza máis sobre as cookies que usamos na nosa Política de cookies.